Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

Saúdo do Alcalde

SAÚDO DA ALCALDESA

A finalidade desta Web é facilitar a todos os veciños e veciñas o acceso á información referida a este Concello, e ao mesmo tempo que podan realizar os trámites administrativos a través dela.

Así mesmo pretendemos chegar a todos aqueles que por diversos motivos están lonxe da nosa terra. A nosa intención é que con este medio de comunicación se sintan cada vez mais cerca de todos nós.

A importancia que polo impacto de difusión e a facilidade de poder chegar a todos os fogares, empresas e institucións terá esta web, sitúa a mesma nunha posición privilexiada como medio de divulgación para dar a coñecer as nosas riquezas turísticas e gastronómicas. Que mellor maneira de coñecer os nosos pobos e as súas festas: O Magosto, a Festa da Freba, as Rutas das adegas, A Feira de 1812.

O meu desexo é manter un contacto directo con todos os veciños e veciñas, e dar a coñecer o noso pobo, as súas tradicións, e a súa xente e que sirva para promocionar a nosa terra.

Un saúdo

Raquel María Bautista Carballo