Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

Rogelio Rodrígez Díaz

Naceu en Petín de Valdeorras (Ourense) no 1888. Ingresou no seminario de Astorga (León), que era a xurisdición eclesiástica á que pertence o seu pobo, para facela carreira sacerdotal, que levaba con tanta brillantez. Foi pensionado na Universidade Gregoriana de Roma, perfeccionando os seus estudos, e adquirindo así un regular bagaxe cultural. Abandoaría esta carreira logo para facer a de maestro nacional, aínda que sempre seguíu profesando un verdadeiro fervor pola fé relixiosa que nunca perdeu. Emigrou a Arxentina, e en Bos Aires exerceu a ensinanza pública e privada, colaborando a súa vez en publicacións como “Acción Gallega” e “Céltiga”, de Bos Aires e en “Vida Gallega”, de Vigo etc. Tamén dirixíu a revista “Galicia”, órgano oficial do Centro Gallego, na que publicou diversos traballos, baixo a presidencia de D. Antonio Bóo, o que lle adicou “Flor de Tojo”.

É autor das seguintes obras: “Horas de morriña” (Bos Aires 1916), poesías en galego e castelán; “Pingas de orballo” (Bos Aires 1922), versos en galego; “Flor de Tojo”, novela escenificada en tres actos; e “La medalla”, boceto dramático infantil en catro actos e en verso (Bos Aires 1927); “Cartas abertas e contos enxebres” (Bos Aires 1928); “La voz del corazón” (Bos Aires 1930), versos de temas religiosos e escolares; “De volta pr’a terra”, comedia en dous cadros en prosa e verso.

É autor dun traballo sobre “A emigración galega”, que foi obxeto dun premio especial no concurso celebrado por “El diario Español”, celebrado o 12 de Octubro de 1922. Fixo unha adaptación teatral do poema de Curros Enriquez, “A viaxe de Cristal”. O seu sainete “Un remuiño” e o sainetillo “Fogar bendito”, foron representados pola compañía “Teatro pasional y de Ideas”.

Rogelio Rodriguez é un poeta dulce,suave, humorístico e en algúns casos melindroso. Faleceu en Bos Aires o 7 de Novembro de 1948, aos sesenta anos de idade.