Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

Información P.I.C. 

(Punto de Información Catastral)

A necesidade de dar resposta á creciente demanda de información catastral de quen no dispón de ditos medios xustifica o establecemento dos Puntos de Información Catastral que ofrecen ao cidadán tódalas vantaxes da Secretaría Virtual do Catastro.

Mediante o PIC (Punto de Información Catastral), pódese ofrecer aos ciudadáns información relativa a tódolos inmobles que se encontran na base de datos do Catastro (cuxo ámbito de competencia comprende todo o territorio nacional excepto o País Vasco e Navarra).

Nos PIC, a entidade autorizada asumirá un papel de intermediario no exercicio de dereito de acceso á información catastral do cidadán, ao que podrá suministrar toda a información que sobre él mesmo exista na base de datos nacional do Catastro, que contén información literal e cartográfica e que actualizase diariamente incorporando todas as actuacións de mantemento que se realizan nas Xerencias e Subxerencias do Catastro.

Os servizos aos que se poede acceder desde calquera Punto de Información Catastral son os seguintes:

– Consulta libre e certificación electrónica de datos catastrales non protexidos e de cartografía dixital.
– Consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos  protexidos, relativo aos benes inmobles da sua titularidade.

Os documentos que se pueden obter dende o PIC son:

– Certificación de bens dun titular catastral.
– Certificación descriptiva e gráfica.
– Certificación de referencia catastral.

Os documentos xerados polo Punto de Información Catastral conterán a data da súa expedición e un código electrónico que permita a comprobación da súa integridade e autenticidade e gozarán de plena validez e eficacia.

NOTA IMPORTANTE: Deberá acudir ao PIC o titular do/dos ben/benes inmobles que se queiran certificar.

No caso de acudir outra persona, ésta deberá de aportar unha autorización escrita e firmada polo titular do ben inmoble, acompañado da fotocopia do D.N.I. de ambos.

Enlace da Sede electrónica do Catastro.

* Descargue o modelo de autorización a través deste parágrafo.