Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA MULHERES

O domingo 23 de decembro de 2018 ás 12h celebrarase o acto de inauguración da Exposición fotográfica Mulheres de Mercedes Vázquez Saavedra na Casa da Cultura.

No acto de inauguración estarán presentes: o alcalde de Petín, Miguel Bautista Carballo, a autora das obras, Mercedes Vázquez Saavedra e o director de cine e co-organizador, Ignacio Vilar.

Despois da inauguración convidarase aos presentes a uns petiscos e viño da D.O. Valdeorras.

A exposición estará aberta ao público dende o 22 de decembro de 2018 ao 10 de xaneiro de 2019, en horario de mañá de 12 a 14h e de tarde de 18 a 21h na Casa da Cultura.