Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

A historia de Petín

A historia coñecida de Petín remóntase aos Cigurris ou Gigurris, pobo castreño que se viu dominado polos romanos que acudiron ao reclamo do ouro que atesoraba esta terra e cuias pepitas arrastraba o río Sil.Sobre a orixe deste topónimo non se chegou a un acordo, uns defenden as súas orixes no étimo “Petinius”, posible xerarca romano.

Outros defenden a teoría de que está relacionado con “Pilon” ou “pedra cravada”, debido aos miliarios da Vía Nova. Isto demóstranos que houbo presenza romana nestas terras, sendo o pobo “ Guigurri” un dos máis antigos vestixios. Deles, quedaron os castros que foron romanizados a partir do século I a.c, e a rede viaria romana, articulada entorno a Vía Nova de Braga a Astorga, mandada construír por Vespasiano entre os anos 57 e 77 d.c, e que foi o medio esencial de penetración militar, comercial e cultural. Coa chegada dos Suevos a Galicia a principios do século V, comeza unha época moi distinta á anterior.

O Imperio Romano desaparece destas terras e o pobo Suevo faise dono da situación creando un reino xermánico. Este reino suevo pervive ata finais do século VI cando é conquistado polos visigodos.Da época dos reinos xermánicos no noso entorno quedan escasos restos materiais, e os que quedan son toscos e evidencian a perda dos coñecementos e tecnoloxía que existían na época romana.Posiblemente fose entón cando realmente se cristianizaron estas terras, presumiblemente primeiro da man do priscialianismo e posteriormente do catolicismo.

Durante as monarquías sueva e visigoda estes territorios formaban parte do Bispado de Ourense, e non de Astorga, ao que tornarían trala breve ocupación islámica. Nestes anos comeza a aparecer o sistema feudal, que nalgúns dos seus aspectos, como a propiedade señorial da terra, durará ata ben entrado o século XIX. Nun principio o monarca encomendaba a administración dun territorio a un home de confianza (o tenente), que non tiña por que selo dono de tales terras; tampouco podía transmitir o seu dominio aos seus herdeiros, senón que o rei tiña a posibilidade de nomear a quen desexara para ese cometido. Pero co tempo, eses cargos de tenentes foron recaendo na mesma familia ata facerse vitalicios e hereditarios. En Valdeorras foi a familia Froilaz, posteriormente os Castro, condes de Lemos.

Trala guerra civil entre Pedro I e o seu medio irmán Enrique, gañada por este último, Valdeorras pasa, durante uns poucos anos, a mans dun nobre que vendería esta Xurisdición aos Sarmiento, condes de Ribadavia (xa no século XIV). Dende a Idade Media ata o século XIX sobreviviu na zona o réxime señorial. En Galicia, este modelo asóciase cun sistema foral de posesión da terra, polo que esta se dividía en dous dominios.Así os labregos que traballaban a terra raramente eran propietarios dela, e pagaban ao señor un tipo de arrendamento normalmente en especie e as veces tamén en diñeiro. O pagamento facíase nunha data concreta e un valor determinado que non cambiaba mentres durase o contrato foral. Na Idade Media ademais do pagamento, esixíanse unha serie de servidumes para co señor, pero co tempo a relación acabou por ser exclusivamente económica.

A partires do século XVIII multiplícanse as fontes documentais. Aparecen artigos para publicacións ilustradas, libros parroquiais, escrituras públicas. Os camiños reais comunicaban a comarca co resto de España. A súa calidade era bastante deficiente, pero eran as únicas vías que permitían o tráfico de persoas e mercadorías por estas terras. Todo este mundo entrará en crise coa invasión francesa en 1809.

A Guerra da Independencia tivo certa relevancia en Valdeorras, faremos un breve resumo dos acontecementos do pobo de Petín e o seu entorno que tiveron algunha implicación directa ou indirectamente. Do un o catorce de Xaneiro de 1809 fuxindo da persecución das tropas francesas, pasaron por Valdeorras hacia o interior de Galicia as tropas inglesas mandadas por Crawford e Von Alten, seguidas polas españolas aliadas das inglesas mandadas polo Marqués de la Romana. Do quince de Xaneiro ao 1 de Febreiro, algunhas tropas francesas mandadas polo Xeneral Marchand en persecución das do Marqués de la Romana, atravesaron fugazmente Valdeorras. O groso do exército francés que invadiu Galicia seguiu o camiño francés que facían os peregrinos para chegar a Santiago de Compostela. Os valdeorreses alzáronse contra os franceses, e producíronse as primeiras accións guerrilleiras sobre convois e escuadróns franceses.

Na ponte de Petín tiveron certa relevancia as mozas, que protagonizaron unha valerosa acción, xa que foron elas, as que acoitelaron aos soldados franceses coa maior bravura, durante todo un día dende as nove da maña ata o escurecer causándolles moitas perdas.

No mes de Xuño do mesmo ano (1809), produciuse a fuxida e retirada das tropas francesas mandadas polo Xeneral Soult, non sen antes causar saqueos e incendios reiterados, aínda así, tivo lugar a retirada e de aí o dito popular “Petín pitou porque non pasou”. As tropas francesas son acosadas polos paisanos nos codos e revoltas do río Bibei, Larouco, Petín, A Rúa, Barco e A Veiga, onde moitos franceses quedaron mortos, afogados ou prisioneiros, sen que os paisanos sufriran perdas. O botín obtido foron armas, cabalos e maletas.Os franceses non se estableceron de forma permanente en Valdeorras.

So pasaron por aquí para adentrarse ou saír de Galicia. O Xeneral Soult ordenou unha durísima represalia de maneira que executaron a Loisson e Delaborde. Na Rúa acamparon xunto á ermida de San Roque durante oito días, e dende aquí organizaron correrías de castigo e o saqueo dos pobos de San Miguel de Mones, Santa María de Mones, San paio e a casa do Mancebo de Outeiro, onde un criado aparentando ser tolo, emborrachou aos soldados franceses e apoderouse dos seus documentos.

Os paisanos que permanecían o acecho caeron inesperadamente sobre eles causando unha gran carnicería. Os franceses acabaron queimando 43 casas en Petín. As represalias saldáronse coa morte de moitos valdeorreses, pero non foi indiscriminada xa que entre os mortos non figuraban nenos.

As accións de guerra en Valdeorras non foron protagonizadas por un exército regular español, senón polos paisanos impulsados polos membros do baixo clero secular valdeorrés, destacando D. Xosé Ramón Quiroga y Uria, Abade de Casoyo que se convertiría no comandante dos paisanos de Valdeorras.As deficientes condicións de vida en xeral agravadas polas tropas francesas puido ser a causa de tan alta mortalidade, pois unha das consecuencias da guerra, foi o aumento da pobreza durante bastantes anos. Así o 16 de Outubro de 1818, 90 comisionados dos pobos de xurisdición de Valdeorras, entre os que se atopan, San Miguel de Mones, Santiago de Petín, Santa María de Mones e Santa Eulalia do Monte, reunidos en Vilamartín protestan ante o escribano D. Manuel de Flom e din: “Que esta repetida xurisdición se haxa moi pobre con motivo dos escalabros da última guerra con Francia, e estárselle debendo pola Real Hacienda máis dun millón de reais subministros á tropas. Piden que lles exoneren do pago do soldo ao Alcalde Maior (cincocentos ducados anuais), que non poden pagar sen moito detrimento das súas curtas facultades”.

Trala expulsión dos franceses do reino nada ficou igual que estaba antes, o sistema social que sustentaba o Antigo Réxime era anacrónico, e cada vez eran máis as voces que denunciaban a situación. Son os anos das Cortes de Cádiz, da volta de Fernando VII, do pronunciamento liberal de Riego en 1820. O liberalismo moderado que chega ao poder trala morte de Fernando VII foi desmontando pasesiñamente todo o edificio de Antigo Réxime: desaparición dos mogardos, dos señoríos xurisdicionais, desamortización dos bens eclesiásticos. Todos eses acontecementos deixáronse sentir en Petín e en toda Valdeorras.

Co século XIX, configúranse os actuais municipios e desaparece a xurisdición señorial dos Condes de Ribadavia. A existencia do concello documéntase por primeira vez por escrito no ano 1090 na caída do Monasterio de San Pedro de Montes. – Conclusións sobre a poboación no municipio de Petín desde 1752 a 1996. Ata o ano 1940 os censos hai que consideralos con moita precaución, pois son vagos e imprecisos. – Os censos dos séculos XVIII e XIX, hai máis homes que mulleres. A poboación é maioritariamente xove, vive xeralmente da agricultura e habita preferentemente nos lugares ou aldeas situadas nas medianías (entre val e montaña).

– No período 1800-1825, a mortalidade infantil é moi elevada, o 48,37% da poboación defunta ten nenos de 7 anos.

– Na primeira metade do século XX a poboación emigra maioritariamente aos países americanos, especialmente Cuba e Bos Aires, e dentro da península á Barcelona. No ano 1924, os ausentes representan o 45,67% da poboación.

– Segundo os censos, a partires de 1940, hai máis mulleres que homes, a porcentaxe de xoves e baixo e de maiores alto.

Viven xeralmente da agricultura e das pensións, habitan preferentemente no val. A maioría da poboación cásase pero despois dos 34 anos. Tódolos pobos de Petín perden poboación dende o ano 1940 ata agora. A emigración deixou nesta vila uns 1000 habitantes.En Petín, tamén podemos pasear polas súas rúas e contemplar as súas casas (unhas antigas, outras máis modernas), os seus espazosos chalés e as súas adegas. A praza maior, onde se celebran as festas do seu patrón Santiago Apóstolo o día 25 de Xulio, está rodeada de belos edificios dos cales destaca a casa solariega da familia Quiroga. Nela viviu e pasou consulta o médico D. Xose Quiroga, que alcanzou naquela época merecido prestixio e fama entre os veciños do municipio, non só polos seus coñecementos técnicos senón tamén polo trato humano aos pacientes. O seu fillo D. Xose Quiroga Suárez, nacido en Petín no ano 1920, tamén médico, foi o primeiro presidente da Preautonomía Galega, e fillo predilecto de Petín.