Etnografía
Pedra, auga e lume, estos tres elementos dan vida a unha rica arquitectura popular, fontes,lavadeiros, bebedoiros para o gando, “oseiras” ou colmeas en zonas de montaña, palomares e de modo destacado cañizos para secar castañas, covas para o viño, muiños, fornos…
Os muiños enriquecen a auga aproveitando a súa forza motriz para transformar o gran en fariña, esa moedura que o lume cálido dos fornos transformaría en alimento.
Tamén a auga permitía traballar o ferro, nas ferrerías onde o metal era domesticado para o seu uso cotián.