Teléfono: 988 310 223 info@petin.gal

Vexetación

A vexetación é moi variada, atopándose as oliveiras mediterráneas ,cipreses, aciñeira, sobreira, xunto as árbores autóctonas tales como o carballo ou o castiñeiro.

-Flora: Sorpréndenos cun sabio entramado de especies frondosas, caducíferas, tipicamente atlánticas con outras propias de áreas mediterráneas. Carballeiras, soutos de castaños, nogueiras nas zonas máis abrigadas, pinares nos sectores máis elevados, pastos e pradeiras, bidueiros e especies arbóreas ripícolas, conviven cos viñedos, oliveiras, amendoeiras, abeleiras, sobreiras, érbedos, aciñeiras, xestas, breixos, piornais e toxos, fano con tomiño, lavanda , romeiro e xaras impregnando o aire que respiramos.

Fauna: A fauna vertebrada e en especial as aves, cabe destacar a presencia de rapaces, tales como aguia real, o falcón peregrino, a aguia calzada e culebrera. Tamen outras moitas especies de distribución restrinxida como o bufo real, o roqueiro solitario, o birrio real, a anduriña e a chova piquirroja. Tamén planean cegoñas que constrúen os nidos en altos tellados e en chemineas. Entre os mamíferos destacan o lobo, o raposo, armiño, donicela, teixo, garduña, o gato montes, o xabarín etc. A gran riqueza florística e a diversidade vexetal fan da zona unha preciada xoia biolóxica, digna de ser coidada e protexida adecuadamente.

.