Servizos Sociais
O departamento de Sevizos Sociais conta cunha Traballadora Social. O horario de atención ao público é de luns a venres, de 9:00h, en planta baixa da Casa do Concello. O teléfono de contacto é o 988 310 223.
As funcións que le levan a cabo por este departamento son as seguintes:
– Detección, coñecemento e valoración das necesidades sociais e recursos existentes do municipio, a través da observación, atención da demanda e a investigación.
– Planificación e programación dos recursos e servizos necesarios para atender os problemas e necesidades detectadas. – Avaliación dos problemas e derivación para a atención dos mesmos de cara aos distintos servizos existentes cando así o requira o caso. — Promoción da toma de conciencia polas comunidades e individuos dos seus problemas, facilitando a participación nas tareas comunitarias, impulsando o asociacionismo e fomentando actitudes e conciencia solidaria.
-Promoción do desenrrolo local a través de información e orientación individual e colectiva, así como apoio aos grupos portadores de iniciativas, negociación con empresarios, e tódalas accións que conleven a incentivación socioeconómica do concello.
– Axuda á integración de individuos, familias e grupos que o precisen, favorecendo solucións de reinserción social, evitando situacións de marxinación e/ou exclusión social.
– Información, asesoramento, orientación e intervención técnica para resolución das situacións de necesidade e conflicto a nivel individual e colectivo.
– Xestión e tramitación administrativa de recursos e prestacións.
Os programas básicos de actuación que se desenrrolan en atención primaria, son:
- Programa de orientación, asesoramento e información.
- Programa de axuda no fogar.
- Programa de inserción social.
- Programa de animación, prevención e cooperación social.
- Programa de convivencza alternativa.